Friday 10 de May de 2024

A Casa Consistorial exhibe en abril medio cento de máscaras de entroido elaborados por usuarios do Centro de Alzhéime


A Casa Consistorial de Riveira vai mostrar ao longo deste mes de abril unha nova exposición formada por medio cento de máscaras de entroido que foron elaboradas por usuarios do Centro de Alzhéimer de Riveira.

A proposta, titulada “Máscaras contra o esquecemento”, poderá ser contemplada ata o vindeiro 28 de abril e recolle as caretas realizadas polos usuarios da Unidade Terapéutica de Agadea, que contribuíron no pasado mes de febreiro a espallar o ambiente carnavaleiro polas rúas da cidade a través da súa exhibición en 25 establecementos e locais hostaleiros.

A directora do centro riveirense, Noelia Riaño, estivo hoxe aquí con motivo da apertura da mostra, estando acompañada da concelleira Elvira Pereira.